Benvidos e benvidas ao lugar onde poderemos sentirnos un pouquiño máis cerca. Dende esta plataforma, teredes a vosa disposición actividades, xogos, retos e pasatempos para que levedes mellor estes días diferentes.

COMEZAMOS!

            No menú despregable do teu curso, na barra superior, poderás acceder a un divertido CIRCULA VIRTUAL, aos RECURSOS de cada área e aos HORARIOS establecidos para as conversas semanais.

            Este espazo é para vós. Gozádeo moito!